Máis de 200 pezas conforman o belén monumental de Herville

Trátase dun dos maiores beléns de Galicia, con 80 metros cadrados

As pezas foron realizadas de forma artesanal e nel colaboraron os veciños 

G24.gal 08/12/2023 21:56 Última actualización 08/12/2023 22:56

Como é costume por estas datas e dende hai 17 anos. Herville convídanos a introducirnos no seu tradicional belén. Escenas dos artesáns, muíños, o palacio de Herodes, e máis de 200 figuras... Cada recuncho é un agasallo para a vista. 

A tecnoloxía tamén ten un papel destacado nestes 80 metros cadrados de exposición. O xogo de luces e movementos deixa coa boca aberta os visitantes. Son moitos os que agardan este momento para descubrir as novas incorporacións. Desta vez a montaxe céntrase no lugar de Belén, con curiosos detalles.

Día e noite fusiónanse ao longo desta obra de arte á que dan vida Daniel Alcántara e Luís Escobar e na que contan coa colaboración dos veciños. Un minucioso traballo que se ve recompensado coa ilusión dos que visitan este pequeno mundo en miniatura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade