Educación

Oposicións en Silleda, 2023/Europa Press, Álvaro Ballesteros

Idiomas, matemáticas e ensinanzas técnicas encabezan as prazas da OPE de Educación

29/01/2025 13:24

Inclúe 918 prazas para profesores de Secundaria e 426 para mestres de Educación Primaria e Infantil


O director Elberdin ensina técnica vocal a mestres de música en Ourense

26/01/2025 13:59

O prestixioso director e compositor vasco imparte un curso sobre canto coral no ensino a profesorado de primaria e secundaria

O curso serve tamén de preparación da vindeira edición de Ourencanto, un certame de corais escolares coordinado polo compositor


A Xunta lanza o Plan FPGal360 para atallar o abandono escolar e atraer persoas con baixa cualificación

24/01/2025 14:35

Busca que o fracaso escolar tenda a cero, que o cen por cento do alumnado siga formándose e que os que queiran mellorar as súas competencias poidan facelo

Reforzará a FP básica, ofrecerá novos itinerarios personalizados, orientación vocacional desde a última etapa de Primaria e formación aliñada coas necesidades do mercado

En Galicia hai máis de 10.000 mozos entre os 16 e os 18 anos fóra do sistema educativo; este plan pretende recuperalos, identificar as súas habilidades e guialos


A DXT inicia este luns unha campaña de vixilancia do transporte escolar nas estradas galegas

19/01/2025 22:30

Haberá controis preventivos, especialmente en estradas convencionais e en vías urbanas, para comprobar que tanto autobuses como condutores cumpran coa normativa

Galicia é a comunidade española con máis liñas de transporte escolar, 3.800: o servizo acolle a máis de 90.000 alumnos, e préstanse diariamente 7.000 servizos

Na campaña do pasado ano, os axentes da Garda Civil controlaron 324 autobuses escolares en Galicia, dos que 151 (46 %) foron denunciados


Unha galega con discapacidade visual denuncia que lle quitaron a praza de mestra nas Canarias

19/01/2025 16:13

Presentouse á oposición de primaria no verán, obtivo unha praza reservada a persoas con discapacidade e en novembro foi cesada porque a inspección médica non a considera apta

Uxía ten unha distrofia da retina de nacecemento, que provoca a perda de visión de maneira progresiva, e ten recoñecida unha discapacidade visual do 66 por cento


Emprego distribúe nos IES un xogo para aprender a emprender

16/01/2025 14:31

A proposta apela á responsabilidade social corporativa das empresas ao tempo que ensina a traballar en equipo e a negociar


Alumnos dunha academia de inglés en Lugo

Galicia é comunidade autónoma co mellor nivel de inglés en todo o ámbito estatal

14/01/2025 19:41

Un estudo sinala como alto o dominio dos galegos da lingua máis falada do mundo


Bibliotecas a tope poucos días antes dos exames na universidade

13/01/2025 14:08

Dentro de poucos días os universitarios teñen que examinarse e a maioría das bibliotecas énchense de alumnos que madrugan para facerse cun sitio


A Xunta convocará 1.664 prazas de profesores para o ensino público neste 2025

13/01/2025 11:38

Segundo anunciou o presidente da Xunta, a administración galega esgota a taxa de reposición do 120 % para poder incorporar o máximo número de mestres


As academias de oposicións auguran un bo ano pola convocatoria de 5.000 prazas

11/01/2025 21:12

Tras a convocatoria de máis de 3.000 prazas de emprego público ofertadas pola Xunta, aumentaron as matriculacións

Publicidade
Publicidade