Mobilidade

O ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente, na posta en servizo do tramo Palas de Rei-Melide da autovía A-54 (EFE/Eliseo Trigo)

Abre o tramo Palas-Melide da A-54 e o Melide-Arzúa farao en dúas fases; a primeira, no verán

03/02/2025 12:03

O ministro de Transportes pide "paciencia" e asegura: "Xa queda pouco para ter totalmente concluída esta autovía"

Puente recomenda aos vehículos pesados que sigan usando a N-547 ata que estea aberto o último tramo


Europa Press

O Goberno reactivará esta semana os descontos ao transporte e a gratuidade de proximidade e media distancia

28/01/2025 17:28

Volverán entrar en vigor este mércores ou, como tarde, o xoves, dependendo da súa data de publicación no Boletín Oficial do Estado


Recomendan que o tráfico pesado non colla o novo tramo da A-54 entre Palas e Melide

28/01/2025 15:11

Aconséllase que sigan usando a N-547 para non colapsar o centro de Melide

Fegatramer critica a medida e fala de falta de previsión


A Xunta creará axudas para facilitar aos taxistas a contratación dos seguros

27/01/2025 15:18

O presidente da asociación dos taxistas de Lugo, Jesús Rodríguez, "os propietarios dalgúns vehículos chegaron a atoparse con recibos que chegan aos 8.000 euros e as compañías, simplemente néganse a aseguralos"


Os taxistas denuncian as malas praxes das aseguradoras

Os taxistas plantan cara ás aseguradoras cun paro o mércores 29 de xaneiro

23/01/2025 15:54

Haberá un paro parcial do servizo para protestar pola suba das pólizas

Non haberá servizo de taxi entre as 11:00 e as 14:00 horas



Que pasa cos descontos do transporte e as pensións a partir de hoxe?

22/01/2025 21:30

Os abonos de Renfe ou de autobuses estatais xa adquiridos terán validez ata que finalicen a súa vixencia en abril

As pensións subirán un 2,8 % en xaneiro, pero en febreiro vanse recortar, tras decaer o decreto. Un pensionista que perciba 1.441 euros ao mes pasará a recibir en xaneiro 1.481

Traballo ditará unha instrución para manter o salario mínimo a pesar de decaer a súa prórroga

Os votos en contra de PP e Junts fan decaer a suba das pensións e as axudas ao transporte


Renfe pon en circulación dous novos servizos Avlo no corredor Galicia-Madrid

23/01/2025 13:40

Os novos convois substitúen dous Alvia que realizaban o percorrido entre Vigo e Madrid


Transportes aproba o trazado do primeiro tramo da A-74 entre O Carme e Barreiros

22/01/2025 13:11

A autovía A-74 dará continuidade á A-8 a través do corredor Cantábrico da Mariña lucense, entre Barreiros e San Cibrao, onde se sitúa o Porto de Interese Xeral do Estado


Atasco a primeira hora da mañá na saída do Milladoiro en dirección a Santiago

Catro meses de obras e atascos no Milladoiro

22/01/2025 13:14

Os traballos contan cun prazo de execución de 18 meses

Estará en obras ata finais de 2025 pola remodelación da N-550

Categorías:  Galicia   Ames   Mobilidade
Etiquetas:  OBRAS   ATASCOS

Usuarios da A-52 reclaman melloras para evitar os sinistros que se producen a diario na vía

20/01/2025 13:52

Din os transportistas que ten fochancas e o firme está moi deteriorado co perigo que isto supón na condución de xeito especila en días de chuvia

Etiquetas:  A-52

A DXT inicia este luns unha campaña de vixilancia do transporte escolar nas estradas galegas

19/01/2025 22:30

Haberá controis preventivos, especialmente en estradas convencionais e en vías urbanas, para comprobar que tanto autobuses como condutores cumpran coa normativa

Galicia é a comunidade española con máis liñas de transporte escolar, 3.800: o servizo acolle a máis de 90.000 alumnos, e préstanse diariamente 7.000 servizos

Na campaña do pasado ano, os axentes da Garda Civil controlaron 324 autobuses escolares en Galicia, dos que 151 (46 %) foron denunciados


Tras case medio século convivindo coas rotondas segue o debate de como circular por elas

Como hai que circular nas rotondas?

17/01/2025 14:24

Respectar a velocidade, a prioridade de paso e evitar cambios bruscos de carril

En España, en 49 anos, construíronse máis de 80.000 rotondas
 

Etiquetas:  TRÁFICO

Aena cualifica de "espurios" os argumentos de Ryanair e di que as súas esixencias poderían ser ilegais

17/01/2025 09:58

Aena incidiu en que os argumentos de Ryanair para xustificar este reaxuste son "unha réplica mimética" da política comercial, de comunicación e empresarial que está a realizar en todos os países europeos

Explica que a tarifa media que aboarán as aeroliñas a Aena a partir do 1 de marzo será de 10,35 euros por pasaxeiro, "a máis baixa de Europa", e informou de que Ryanair incrementou un 8,75 % a súa actividade en 2024 coa mesma tarifa media


España e Portugal coinciden na importancia de "seguir impulsando" o AVE O Porto-Vigo

16/01/2025 18:26

O secretario de Estado de Transportes reuniuse co seu homólogo portugués para abordar as conexións transfronteirizas


Foto de arquivo (Thomas Banneyer)

Ryanair recortará un 61 % o tráfico en Vigo e un 28 % en Santiago para este verán

16/01/2025 15:10

Eliminará 12 roteiros e 800.000 asentos para a súa programación de 2025


Unha curva da N-552 leva máis de catro meses coa sinalización de obra sen que empecen os traballos

16/01/2025 14:24

Reduciuse a velocidade en todo o tramo e pintáronse as liñas amarelas, o que indicaba o comezo inminente da obra

Meses despois, neste tramo con risco de afundimento todo segue igual



Dispárase o consumo de alcol nos aeroportos, en boa parte polos atrasos e horas de espera

Deben instalar os aeroportos alcolímetros?

15/01/2025 13:56

En España hai 4 incidentes diarios con pasaxeiros bébedos e o dobre de avións desviados que hai 5 anos

As compañías aéreas piden controis de alcolemia antes do embarque

Os aeroportos contestan que de pouco serven se logo elas venden licor a bordo


O xeo impide a circulación do AVE entre Ourense e Madrid

15/01/2025 08:28

Segundo informa ADIF, o servizo quedou interrompido entre Taboadela e Miamán (Baños de Molgas)

Os pasaxeiros foron trasladados a Ourense noutro tren para reiniciar a viaxe cara a Chamartín noutro AVE

Publicidade
Publicidade