Humanidades

Hoxe coñecemos máis a fondo os batáns do Mosquetín de Vimianzo

29/09/2026 10:11

O batán úsase para reforzar os tecidos como as mantas coa forza de martelos movidos pola forza da auga

Os de Mosquetín son excepcionais porque son practicamente os únicos en seguir funcionando

Categorías:  Galicia   Humanidades

Aparece unha vivenda castrexa no xacemento da cidade romana de Armea, en Allariz

28/09/2026 14:25

Un grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo acaba de desenterrar unha vivenda castrexa na parte alta do monte do xacemento ourensán

Os traballos forman parte da 15 campaña dun proxecto apoiado pola Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense, o concello de Allariz e a Universidade de Vigo 


A Xunta presenta en Madrid a campaña do Xacobeo 2027

25/09/2026 14:35

A 97 días da apertura da Porta Santa, a Xunta presentou no centro da capital a campaña do próximo Ano Santo 

Íñigo Quintero e Baiuca compartirán escenario na Porta do Sol de Madrid

Este ano a Porta Santa non abrirá pola tarde, senón ao mediodía


Cerimonia do peche da porta do último Ano Santo. Europa Press.

A Porta Santa adianta a apertura ao mediodía para iniciar o Xacobeo, que estrea himno, lema e imaxe

24/09/2026 15:21

Tradicionalmente as portas abríanse o 31 de decembro pola tarde

O Arcebispado busca neste Ano Santo 2027 "recuperar a súa base espiritual"


Agar Ledo fálanos do arquitecto galego Rafael Baltar

23/09/2026 12:11

Quedan apenas uns días para visitar a mostra 'Rafael Baltar no Museo do Pobo Galego

Unha exposición que propón un percorrido por algúns dos momentos chave da cultura arquitectónica galega

Categorías:  Galicia   Humanidades

Turismo Ribeira Sacra

A romería da Nosa Señora dos Remedios da Ermida, en Quiroga, declarada Ben de Interese Cultural

22/09/2026 14:01

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural valorou como "determinante" o momento en que a Virxe entra na igrexa e o Meco se prostra ante ela e ante o pobo, como metáfora do espazo relixioso como refuxio


A Rede Galega de Museos reforza a seguridade ante os roubos

14/09/2026 11:18

As forzas de seguridade alertaron o Ministerio e a Xunta de que está operativo un grupo organizado que rouba obras de arte de ouro para fundilas

Etiquetas:  ROUBOS   MUSEOS

A Semana do Patrimonio Invisible abre as portas do capital cultural oculto en Compostela

04/09/2026 14:02

Ofrece visitas a antigos coventos de clausura ou á rede soterrada dos mananciais que abastecían a cidade na Idade Media 


A Fundación Brandomil loita polo patrimonio histórico, arqueolóxico e cultural como parte da Costa da Morte

30/08/2026 15:19

Tamén cada vez teñen un maior interese turístico, desde a Fundación Brandomil queren dalo máis a coñecer e poñelo en valor

Segundo os rexistros da oficina de turismo, persoas de xa máis de 40 países visitaron a contorna de Brandomil

A ponte, as calzadas romanas e os xacementos teñen un gran potencial cultural e arqueolóxico


Apatrigal

Denuncian ante a Fiscalía a demolición da Casa de Baños de Ourense, integrada no ámbito do BIC das Burgas

18/08/2026 14:04

Jácome apunta a unha actuación de "urxencia" por "perigo de estabilidade", e a oposición esixe explicacións

Publicidade
Publicidade