Artes escénicas

27/01/2025 14:53
En escena: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Mónica García, Borja Fernández, Arantza Villar, Diego Anido, Xron e os músicos Xacobe Martínez Antelo, Manuel Cebrián e Carlos Freire
A Ultranoite é un formato teatral creado e desenvolvido na Sala Nasa de Santiago de Compostela a partir de 1993.

Karla Sofía Gascón, candidata ao Óscar a mellor actriz por 'Emilia Pérez', que suma 13 nominacións
23/01/2025 15:30
As súas rivais serán Demi Moore ('La sustancia'), Cynthia Erivo ('Wicked'), Mikey Madison ('Anora') e Fernanda Torres ('Aún estoy aquí')
Será a única opción do cinema español, xa que Alberto Iglesias, compositor da banda sonora de 'La habitación de al lado', de Pedro Almodóvar, non está entre os candidatos

Diego Roca: "O teatro de rúa non é cómodo, pero é marabilloso o caos e a anarquía que se xera"
23/01/2025 14:17
O espectáculo 'Hexagonum' o 31 de xaneiro abre o programa escénico de Vigocultura
No espectáculo participa unha vintena de persoas, entre técnicos, músicos e artistas
'Hexagonum' foi desenvolvido nunha residencia artística en Brest con Leonor Canales como titora

Mª Ángeles Iglesias: "Esta peza é unha aposta polo que queremos que medre, o amor"
22/01/2025 12:44
'As formas do amor' é unha coprodución de Verdeveras Expresións Artísticas e o Centro Dramático Galego
A peza, dirixida por Gena Baamonde, reflexiona sobre o que chamamos 'amor' e incorpora a música e o humor
Próximas datas de 'As formas do amor': 24 de xaneiro, A Coruña, 14 de febreiro, Compostela, 8 de marzo, Viveiro

Miguel Pernas: "A guerra invádenos de tal xeito porque está dentro dos nosos corazóns"
20/01/2025 14:41
Guerra, unha reflexión e un manifesto antibelicista de Teatro do Noroeste dirixida por Eduardo Alonso
Estreouse esta fin de semana e comeza xira por Galicia
No elenco Luma Gómez, Miguel Pernas, Manuela Varela, Maxo Barjas, Sabela Hermida e Xavier Estévez

Gwendal ou Milladoiro, entre os grupos que actuarán no Festival de Ortigueira
19/01/2025 16:31
O Festival Internacional do Mundo Celta 2025 vaise celebrar do 9 ao 13 de xullo, nunha edición que estará marcada polo 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira

Pepablo Patiño: "Xogamos no escenario como se fósemos nenos"
17/12/2024 15:20
'A Nena e o Grilo camiño das cores' é a cuarta e última entrega deste espectáculo, unha viaxe fascinante ata o País das Apertas
O espectáculo pecha a saga despois de 'O País dos Abrazos', 'A nena e o grilo nun barquiño' e 'A nena e o grilo, máis alá'

O Hematocrítico, a título póstumo, e Luís Zahera reciben a Medalla de Ouro ao mérito nas Belas Artes
27/11/2024 14:52
Os Reis entregan os galardóns do mundo da cultura nun acto en Sevilla

Iria Sobrado: "A peza fala da anulación do social, unha persoa soa nunca vai facer a revolución"
25/11/2024 15:14
Inspirada na obra clásica Biedermann e os incendiarios de Max Frisch, a peza da compañía Áritka fala da sociedade actual
Está interpretada por Martín Máez, Rocío Salgado, Marcos Alonso e Fernanda Barrio con dramaturxia de Vanesa Sotelo e Tito Asorey

Tito Asorey: "Queremos que o público se sinta parte do problema"
22/11/2024 14:53
Inspirada na obra clásica Biedermann e os incendiarios, de Max Frisch, a peza fala do auxe dos totalitarismos na sociedade actual
Está interpretada por Martín Máez, Rocío Salgado, Marcos Alonso e Fernanda Barrio
Non pasarán. Ártika Cía. Sábado 23 e domingo 24, ás 20 h. Sala Ártika (Vigo)