O Outono Gastronómico enche moitas casas rurais de toda Galicia

Participan preto de 80 establecementos

No Outono Gastronómico, promovido por Turismo de Galicia, participan preto de 80 casas rurais galegas
G24.gal 17/11/2023 20:49 Última actualización 17/11/2023 20:54

Gastronomía de calidade, sobre todo con produtos galegos e de tempada, e contacto pleno co medio rural. Son os dous ingredientes pricipais do Outono Gastronómico, unha alternativa en auxe nas casas rurais galegas.

Sen dúbida unha boa opción para desconectar e darlle gusto ao padal. Algúns mesmo repiten. Preto de 80 casas rurais de toda Galicia participan na séptima edición desta iniciativa promovida por Turismo de Galicia.  

Desde 35 euros temos paquetes para todos os gustos, con experiencias gastronómicas, estancias nas casas e actividades de contacto pleno coa natureza. Este programa turístico da Xunta vaise prolongar, durante todas as fins de semana, ata o vindeiro 17 de decembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade