Cargando resultados...
O papa Francisco reaparece na ofrenda a María e no rezo do Ángelus, tras dúas semanas convalecente
Pediu pola paz en Ucraína, en Palestina e en Israel

G24.gal
08/12/2023 17:42
Última actualización 08/12/2023 17:47
Tras varias semanas convalecente por unha infección pulmonar, o papa Francisco reapareceu hoxe para facer a tradicional ofrenda floral fronte á estatua da Virxe María na Praza de España de Roma.
A súa aparición despexa a preocupación polo seu estado de saúde, que o tivo incapacitado durante quince días e mesmo o obrigou a cancelar unha viaxe prevista a Dubai.
O papa tamén recuperou o rezo do Ángelus, no que pediu pola paz en Ucraína, en Palestina e en Israel, e pola resolución de todos os conflitos bélicos que hai no mundo.