Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os EUA abandonan a Asemblea da ONU despois de que o presidente iraniano lles chamara terroristas

Os EUA abandonan a Asemblea da ONU despois de que o presidente iraniano lles chamara terroristas

Pezeshkian acusou os Estados Unidos e Israel de cometer actos terroristas contra o seu país

Zelenski pídelle á China que inflúa sobre Rusia para poñerlle fin á guerra

Masoud Pezeshkian, durante a súa intervención este mércores (REUTERS/MIKE SEGAR) Masoud Pezeshkian, durante a súa intervención este mércores (REUTERS/MIKE SEGAR)
G24.gal 23/09/2026 16:31

O único representante da delegación estadounidense presente na Asemblea Xeral da ONU abandonou a sala este mércores despois de que o presidente de Irán, Masoud Pezeshkian, os chamase terroristas, un día despois de que o presidente estadounidense, Donald Trump, lles acusase do mesmo.

"Quen é terrorista e forma a terroristas descríbennos a nós como tales", declarou Pezeshkian durante a súa intervención o a semana de Alto Nivel da Asemblea Xeral da ONU. 

Pezeshkian acusou os Estados Unidos e Israel de cometer actos terroristas contra o seu país, e presentou á República Islámica como unha vítima das agresións exteriores. 

"Onte, (o presidente Donald) Trump afirmou que somos terroristas. Non somos terroristas; somos vítimas do terrorismo, e eles martirizaron o noso líder sen ningún motivo", afirmou Pezeshkian.

Pezeshkian arrincou explicando que tiña preparado outro discurso pero que decidiu modificalo despois de que Trump lles acusase de terroristas.

"Veño de Irán, onde bombardearon unha escola. Ven estas nenas?, estas nenas pereceron baixo as bombas armas utilizadas por Estados Unidos e Israel. Eran nenas inocentes que non cometeran crime algún", engadiu o presidente mostrando algunhas fotos de pequenas mortas polo bombardeo dunha escola infantil feminina.

O iraniano acusou aos EUA e a Israel de non respectar " ningunha lei internacional". 

Zelenski pídelle á China que inflúa sobre Rusia para poñerlle fin á guerra

O presidente ucraíno, Volodímir Zelenski, apelou este mércores de forma directa ao presidente chinés, Xi Jinping, para que utilice a súa influencia sobre Rusia para que poida poñerse fin á guerra.

“Gustaríanos que quixese a paz tanto como a queremos nós en Ucraína”, dixo Zelenski en alusión a Xi no seu discurso ante a Asemblea Xeral de Nacións Unidas en Nova York.

O presidente ucraíno dixera xusto antes que aspira a que a guerra con Rusia termine antes deste inverno. Zelenski lembrou que falou diso na véspera na súa reunión co presidente dos EUA, Donald Trump, e lamentou non poder reunirse tamén para abordar a cuestión co presidente chinés, que se atopa en Washington para unha visita de Estado oficial na que non pasará pola sede da ONU en Nova York.

“Necesitamos diplomacia e necesitamos forza”, dixo o presidente ucraíno sobre os requisitos que ao seu xuízo se precisan para forzar a Putin a aceptar as ofertas de Kiiv de baixar as armas que o presidente ruso rexeitou ata o de agora.

Zelenski apelou ademais a todos os países membros da ONU a que fagan o posible para deixar a Rusia sen recursos financeiros para librar a guerra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade