Contido con Portadas .
Webcams

Cámara web fixa situada no edificio máis alto da cidade (e de Galicia), desde onde se albisca a enseada do Orzán rodeada polo paseo marítimo. Na parte superior da imaxe obsérvase a Casa do Home e ao lonxe pódese ver a entrada da ría da Coruña, con Ares ao fondo.

Cámara web situada no edificio máis alto da cidade e de Galicia. Ofrece vistas das praias do Orzán e do Matadoiro, da zona da Lonxa, do estadio de Riazor, da Torre de Hércules, do Obelisco Millenium e da zona do porto pesqueiro tradicional.

Cámara web situada no monte de Santa Trega. Desde esta localización enxérgase o porto e a vila da Guarda, parte do castro de Santa Trega, a comarca do Rosal, o esteiro do río Miño e a localidade de Caminha.

Cámara web situada no Hostal Berna, ao carón da estrada N-120. Desde esta localización pódese ver a vila da Rúa, o complexo recreativo do Aguillón e o encoro de San Martiño.

Cámara web con movemento de 360º situada no Parador Nacional. Ofrece imaxes da ría, do Parador, de Panxón, das Illas Cíes, do porto deportivo e do paseo marítimo da vila.

Cámara web fixa situada no cumio da Pista do Regato da Estación de Cabeza de Manzaneda. Ofrece unha panorámica en que se pode ver a telecadeira e o telesquí.

Cámara web situada na terraza do hotel O Semáforo, a carón do faro de Fisterra. Desde esta localización privilexiada pódese gozar dunha paisaxe espectacular e observar o faro, os cantís e a bravura do mar.

Cámara web situada no lateral dereito da nave central da catedral de Santiago de Compostela. A imaxe amosa a capela maior e ao fondo o altar maior co busto de Santiago. Esta figura, repuxada en prata por Montaos no século XVIII, é a que abrazan os peregrinos. Debaixo do Altar Maior están gardadas as reliquias do Apóstolo nunha urna de prata.

Esta cámara amosa a nave lateral da catedral, a zona pola que se despraza o Botafumeiro, un xigantesco incensario empregado nas solemnidades relixiosas. Ao fondo da imaxe aparece a porta norte que dá acceso á praza da Acibechería.

Cámara web móbil situada nun lateral da Praza Maior. Ofrece unha panorámica onde salientan o mosteiro de San Rosendo e o edificio do Concello.

Cámara web situada en Montefaro, no concello de Ares, desde onde se albiscan as dúas beiras da ría de Ferrol. No centro da imaxe enxérganse os estaleiros de Izar e o barrio de Caranza.

Cámara situada no complexo deportivo Lalín Arena. Desde esta situación pósede ver a Casa do Concello e vistas xerais de Lalín.

Cámara web fixa situada nun monte próximo á cidade, desde onde podemos albiscar unha panorámica completa da capital coas torres da catedral.

Cámara web situada no Parador de Muxía, con vistas da praia de Lourido, da localidade de Muxía, do Santuario da Virxe da Barca e do Faro do Cabo Vilán en Camariñas.

Cámara web situada no albergue de peregrinos do Cebreiro, no Camiño Francés a Santiago, entre as elevacións dos Ancares, O Capeloso e O Courel. A zona ten unha altitude media aproximada de 1.300 metros.

Cámara web situada no edificio do Pavillón Náutico. Ofrece imaxes da Toxa e da praia da vila.

Cámara web situada na Alameda, ao carón do Centro Social. Desde esta posición albíscase a ría de Ortigueira, o paseo marítimo, o porto deportivo, os xardíns e parte do centro urbano da vila.

Cámara web fixa situada no Seminario. Ofrece unha panorámica da cidade atravesada polo río Miño. Obsérvase a ponte do Milenio, a Ponte Vella e as demais pontes que permiten a conexión entre as dúas beiras do río.

Cámara web móbil situada no centro comercial Ponte Vella. Ofrece unha panorámica das dúas ribeiras do Miño e dalgunhas das pontes que o atravesan: a ponte Romana, a ponte Nova e a do Milenio. Permite ver ademais o paseo fluvial, o barrio da Ponte e o parque do río Miño.

Cámara web situada no monte Pedroso. A imaxe renóvase cada trinta segundos e ofrece unha panorámica de Santiago de Compostela en que destacan as torres da catedral.

Cámara web fixa situada no monte Tomba. Ofrece unha panorámica da cidade atravesada polo río Lérez. Albiscamos a Ponte do Burgo e a Ponte Nova, que permiten a conexión entre as dúas beiras do río. A imaxe anóvase cada trinta segundos.

Cámara web con movemento de 180º situada no Concello de Portomarín. Ofrece imaxes da praza Conde de Fenosa, da igrexa de San Xoán e do Camiño de Santiago.

Cámara situada no Club Náutico. Obsérvase a praia de Baltar, o porto pesqueiro e o deportivo, o paseo marítimo, o peirao do Chasco e parte do centro urbano da vila.

Cámara web situada na Praza da Quintana, con vistas para a Porta Santa.

Cámara web situada na Casa do Deán, na rúa do Vilar. Esta edificación, do século XVIII, acolle hoxe en día a Oficina do Peregrino. A imaxe ofrece unha visión da fachada románica das Praterías, unha das portas de entrada máis sobranceiras da catedral.

Cámara web situada nunha balconada do Pazo de Raxoi, sede da Presidencia da Xunta de Galicia e do Concello. Á esquerda da imaxe vese o Hostal dos Reis Católicos, á fronte a fachada do Obradoiro da Catedral e á dereita o Colexio de San Xerome.

Cámara web situada nas instalacións da CRTVG, ao carón do Camiño de Santiago. Amosa o paso dos peregrinos no final da última etapa na súa ruta a Compostela. A imaxe renóvase cada segundo.

Cámara web situada no aparcadoiro do porto deportivo Xoán Carlos I. Ofrece imaxes da vila, do porto, de Portonovo e da praia de Silgar.

Cámara web móbil situada no Parador de Tui. Albíscase a catedral, o centro histórico e as dúas beiras do Miño.

Cámara web situada no Parador Nacional. Ofrece imaxes do Castelo de Monterrei e a súa contorna.

Cámara web con movemento de 180º situada na azotea do hotel Bahía de Vigo. Obsérvase a ría, a estación marítima, o peirao de transatlánticos, o porto deportivo, o monte da Guía, a avenida de Montero Ríos e, ao fondo, Moaña.