Contido coa etiqueta .
María Martínez Allegue

A Xunta presenta o primeiro proxecto da Sociedade Pública de Vivenda: 145 novas vivendas en Lugo
24/01/2025 17:34
A conselleira de Vivenda anuncia que o 25 % dos pisos serán para menores de 36 anos en réxime de compra, que poderán solicitar as axudas desde o luns, 27 de xaneiro
Para a redacción deste primeiro proxecto da Sociedade Pública de Vivenda investiuse pouco máis dun millón de euros, mentres que para a obra estímanse 27 millóns
As empresas interesadas teñen de prazo ata o próximo 10 de marzo

Martínez Allegue: "Temos o forte compromiso de duplicar o parque público de vivenda"
23/01/2025 10:26
A conselleira de Vivenda debullou as axudas da Xunta para a adquisición de vivenda dirixidas aos menores de 36 anos e aos concellos de menos de dez mil habitantes
María Martínez Allegue cualifica de "excelente" a relación cos concellos, pero bota en falla esa "cooperación, colaboración e escoita" por parte do Goberno central

A Xunta pide a Puente que reconsidere o rescate da AP-9 tras aumentar o custo das bonificacións
16/01/2025 19:43
O custo da peaxe entre Vigo e A Coruña pasou dos 19,40 euros aos 20,45 euros. Unha subida de máis dun euro que Allegue considera "algo moi importante para os petos dos galegos que diariamente realizan este traxecto"

A Xunta convoca axudas para comprar vivenda en concellos pequenos e centros históricos
14/01/2025 14:09
A liña de apoios, que poderá solicitarse a partir do 27 de xaneiro, inclúe as vivendas de protección autonómica

A travesía de Sabarís en Baiona, cun novo aspecto despois da humanización en marcha
07/12/2024 17:21
Conectará coa ponte románica, zona de paso do Camiño portugués pola costa

A Xunta compra á Sareb 22 vivendas en Galicia para protección
05/12/2024 15:30
As vivendas están situadas en Cee, Vigo, Lugo, A Coruña, Sarria e no Barco de Valdeorras
O conxunto ten un custo superior a dous millóns de euros

A Xunta vai dar facilidades para rematar as vivendas inacabadas pola crise de 2008
06/11/2024 13:18
Farán un cambio na normativa que entrará en vigor cos novos presupostos
O obxectivo é ampliar a vivenda protexida con 25.000 novas unidades nesta lexislatura

A Xunta anuncia a creación dunha sociedade de vivenda pública
25/10/2024 13:32
A nova sociedade terá como obxectivo asumir "a promoción dunha parte das máis de 2.300 vivendas públicas nesta lexislatura"

A Xunta promove en Santiago vivendas de aloxamento compartido para xente nova
22/10/2024 13:27
A edificación situaranse na rúa Xoán XXIII e as vivendas terán unha superficie útil de 30m2

A Xunta rescatará catro autovías galegas por 297 millóns de euros
14/10/2024 14:02
Trátase das autovías do Salnés, O Barbanza, Ourense-Celanova e Santiago-Brión
Segundo o Goberno galego, a operación aforra ás arcas públicas 330 millóns de euros
O Executivo galego rexeita a proposta do Goberno sobre os traspasos da xestión do litoral

O proxecto de San Paio de Navia suporá 1.600 vivendas protexidas para Vigo
11/09/2024 14:50
Duplicar o parque público e vivenda é un dos obxectivos do Goberno galego nesta lexislatura.

A Xunta calcula que rescatar a AP-9 custaría menos da metade do estimado polo ministro
05/09/2024 10:36
A conselleira de Infraestruturas estima o rescate entre 1.612 e 2.355 millóns de euros, e afirma que a transferencia lle custaría ao Estado "outros 526 millóns de euros"
Óscar Puente cifrou en 6.000 millóns de euros o custo de transferir e rescatar a concesión da AP-9
Alcaldes de concellos que atravesa a AP-9 piden bonificacións nas peaxes

A Xunta construirá un novo edificio para o materno infantil do CHUO
28/08/2024 13:55
Calculan demoler o actual cara finais de 2025 ou principios de 2026
Despois construiríase o edificio novo, cun custo dun 55,5 millóns de euros
Agora está en construción o edificio de hospitalización, de 12 andares

Allegue anuncia cambios en catro leis para "desburocratizar" e "axilizar" o urbanismo
25/06/2024 16:32
Propón plans para duplicar ata 8.000 unidades a vivenda pública nesta lexislatura e construír 20.000 protexidas máis adiante
Avogou por axustes nas leis do solo, ordenación do territorio, vivenda, rehabilitación e habitabilidade

A Xunta pide unha reunión con Puente para tratar "asuntos estratéxicos" para Galicia
10/05/2024 11:38
O conselleiro da Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, remitiron unha carta ao ministro de Transportes
Puente convida o presidente da Xunta á presentación do plan do Corredor Atlántico este xoves na Coruña