Cargando resultados...
Na noite do sábado ao domingo pasamos ao horario de inverno
Ás tres da mañá serán outra vez as dúas
G24.gal
27/10/2023 14:52
Última actualización 27/10/2023 15:07
O cambio instaurouse en 1974, nunha latitude en que o día dura seis horas e media menos en decembro, ca en xuño.
"Mañá o día vai ser dous minutos e medio máis curto ca hoxe. E ao logo do tempo, a humanidade sempre foi adaptando os seus horarios de descanso e traballo a esas variacións. Se mantemos os nosos reloxos fixos estámonos afastando desa realidade do mencer e do solpor", explica o catedrático de Física Aplicada da USC, Jorge Mira.
O horario de inverno manterase ata o 31 de marzo de 2024. Pero os días comezarán a medrar moito antes. Por mor da órbita elíptica da Terra, o aumento de luz nas tardes non cadra co solsticio de inverno e comeza a percibirse xa a partir da segunda semana de decembro.