Cargando resultados...
Sabores de tempada e natureza atraen clientes ás casas rurais no Outono Gastronómico
79 establecementos de toda Galicia participan nesta nova edición do programa, que naceu hai 17 anos para impulsar o turismo rural tras o verán
As ofertas inclúen menús a 35 euros, estancias dunha ou dúas noites e mesmo actividades complementarias. Poderán gozarse ata o 17 de decembro.
G24.gal
27/10/2023 20:53
Última actualización 27/10/2023 21:09
Gozar da gastronomía propia destas datas e dunha natureza que comeza a tinguirse de amarelos e ocres. É o que ofrece o Outono Gastronómico, un programa posto en marcha pola Xunta hai xa 17 anos para impulsar o turismo rural tras o verán. 79 casas participan nesta edición que se alongará ata mediados de decembro.