Cargando resultados...
A Palma non rexistra tremores nas últimas 24 horas
Os científicos din que hai que agardar 10 días sen actividade para dicir que o volcán parou

ana lois
15/12/2021 20:58
Pasaron 24 horas dende que parou o tremor volcánico na Palma. É dicir, dende que deixou de moverse o magma por debaixo da terra. Este mércores só se apreciaba unha lixeira fumareda. E o único ruído que se oe á altura do cráter máis activo é o do vento. Tamén diminuíu o número de terremotos. No que levamos de xornada producíronse menos de 30 e de moi baixa intensidade. Aínda así, os expertos din que non pode darse por rematada a erupción. Farán falta 10 días sen actividade para que o volcán de Cumbre Vieja se considere apagado.