Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PP votará si ao novo decreto do escudo social que considera unha "rectificación"

ÚLTIMA HORA

O PP votará si ao novo decreto do escudo social que considera unha "rectificación"

Feijóo di do Goberno de Pedro Sánchez: "Quixeron enganar a todos os españois e saíulles mal"

Junts admite que non haberá unha cuestión de confianza como tal, pero terá valor político

Reunión deste martes do comité de dirección do PP (EFE/David Mudarra/PP) Reunión deste martes do comité de dirección do PP (EFE/David Mudarra/PP)
G24.gal 29/01/2025 14:23 Última actualización 29/01/2025 15:13

O PP anunciou nunha mensaxe en X que votará si ao novo real decreto lei aprobado polo Goberno, co escudo social e a revalorización das pensións, ao consideralo unha "rectificación" respecto ao anterior decreto ómnibus, que decaeu no Congreso co voto en contra de PP, Vox e Junts. 

"Votaremos Si a esta rectificación, polos pensionistas, os valencianos e os usuarios de transporte. Que a súa incompetencia e debilidade non prexudique a quen non o merece", confirmou o partido nunha mensaxe na súa conta oficial da rede social 'X'.  

O líder do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, fíxose eco desta mensaxe e cargou contra o Goberno de Pedro Sánchez. "Quixeron enganar a todos os españois e saíulles mal", proclamou.

Argumentou o PP que aínda que o Goberno non merece "a confianza de ninguén", os españois non son culpables da súa "falta de integridade".

"Votaremos Si a esta rectificación, polos pensionistas, os valencianos e os usuarios de transporte. Que a súa incompetencia e debilidade non prexudique a quen non o merece", anunciou este partido.

Segundo os populares, o obxectivo do Goberno de Pedro Sánchez sempre foi dicir que o PP "non apoia aos pensionistas, os usuarios do transporte público ou os afectados pola DANA de Valencia", pero saíulles "mal".

A pesar do seu voto a favor, o PP mantivo as súas críticas ao sinalar que o novo decreto "acredita que o Goberno mentiu novamente ao dicir que non se podían partir medidas" ou que "demostra que seguen ao ditado do independentismo".

"Rectifican porque lles obrigan para seguir no Goberno (unha vez máis), non para servir aos españois", denunciaron.

Respecto ao novo decreto, os populares destacaron que do texto caeron medidas que o Goberno "pretendía coar" e comprometéronse a seguir rexeitando a "subida do IVE" ou defender o desaloxo inmediato de okupas, chegando "ata onde faga falta en contra dos negocios do PSOE con fondos públicos".

"Estas vitorias tamén as imos lograr máis pronto que tarde", subliñou este partido.

E resumiu así a súa postura: "SI ás pensións. SI a axudar a Valencia. SI ao descontos no transporte. NON á mentira. NON á chantaxe. NON a este Goberno".

O partido de Feijóo denunciou ademais "o mal exemplo dun Goberno que se ten que humillar a diario, que ten que comprar vontades co diñeiro de todos e que necesita mentir e manobrar porque carece sentido común, de servizo e de Estado", ou que "nin sequera é capaz de presentar un orzamento".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade