Cargando resultados...
O Encontro Internacional de Erasmus reúne 300 docentes de nove países en Ferrol
O obxectivo do encontro é mellorar as competencias e a innovación pedagóxica

G24.gal
18/01/2023 21:06
Trescentos docentes de nove países reúnense este mércores e xoves en Ferrol no Encontro Internacional de Erasmus.
Un encontro para debater e explorar novas vías formativas en ámbitos como a inclusión, o plurilingüismo ou as novas tecnoloxías.
O conselleiro de Educación destacou que encontros coma este son unha ferramenta fundamental para mellorar a formación do profesorado, o cal repercute, dixo Román Rodríguez, na calidade do sistema educativo galego.