Cargando resultados...
5.000 espectadores enchen Vilalba co FIV
Os concertos comezan esta tarde cun cartel de luxo
G24.gal
28/04/2023 14:55
Case todos os aloxamentos de Vilalba teñen xa o cartel de completo para a fin de semana. Chega un dos grandes acontecementos do ano, o FIV, todo un referente entre os festivais indie-rock, que atrae á capital chairega festivaleiros de todos os recunchos.
A previsión de 5.000 espectadores fixo que a organización ampliase as zonas de acampada. Nos hoteis din que moitos dos seus clientes son xa habituais.
No recinto ultiman detalles para as primeiras actuacións. Nesta xornada inaugural destacan as actuacións de La Casa Azul ou Sidonie, ademais dos grupos galegos Moura e Carlangas. O cartel do sábado conta coa presenza, entre outros, de Lori Meyers e Sidonie.