Cargando resultados...
60 efectivos da Policía Nacional participaron nunha práctica de situacións violentas en Lugo
Unha práctica moi real en que mesmo se puideron escoitar os sons de disparos, pero non reais

G24.gal
14/06/2022 14:06
Situacións críticas, como un ataque terrorista. Isto foi o que se viviu na noite de onte nunha gran superficie comercial de Lugo. Pero neste caso se trataba dun simulacro, coordinado pola Xefatura da Policía Nacional de Lugo.
Unha práctica moi real en que mesmo se puideron escoitar os sons de disparos, pero non reais. Neste espectacular simulacro participaron arredor de 60 efectivos de todas as unidades da xefatura superior: Goes, Tedax, UIP e Zetas. Unha simulación de preparación para saber como actuar en situacións violentas, desde un atraco con reféns ata un ataque terrorista, e nas que se poden empregar todo tipo de armas.