Publicador de contidos

Publicador de contidos

700 pequenos falaron con Papá Noel desde a rede de aulas CeMIT

700 pequenos falaron con Papá Noel desde a rede de aulas CeMIT

Atendeunos desde Laponia nunha divertida videoconferencia

A rapazada fixo peticións de última hora antes de Noiteboa

G24.gal 19/12/2024 14:44

Desde a nevada Laponia ata Boiro en rigoroso directo con Papá Noel. Unha ocasión única que a cativada aproveitou para facer peticións de última hora.

A ilusión puido máis ca os nervios e todos manifestaron os seus desexos neste encontro virtual, celebrado na rede de aulas para a modernización e a inclusión tecnolóxica, CeMIT. 

"É un primeiro contacto coa tecnoloxía desde as aulas CeMIT que ten a Xunta en 96 concellos galegos", explica Miguel Corgos, conselleiro de Facenda.

"En concellos coma o noso é importante ter este tipo de aulas, para a xente moza pero tamén para os maiores, agora que case todos os trámites burocráticos se fan a través da tecnoloxía", engade José Ramón Romero, alcalde de Boiro.

Tecnoloxía que permitiu á rapazada agasallar a Papá Noel cunha tímida panxoliña de despedida ata o día de Nadal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade