Publicador de contidos

Publicador de contidos

 A área de Vigo supera a barreira dos 4.000 infectados

 A área de Vigo supera a barreira dos 4.000 infectados

 As probas diagnósticas detectan 289 casos novos

 A área de Vigo supera a barreira dos 4.000 infectados

Casa do concello de Moaña
G24.gal 14/12/2021 14:08

Para ter a situación baixo control, a Organización Mundial da Saúde considera que non debe haber taxas de positividade por riba do 5 %. Na área de Vigo están arredor do 16, polo que o risco é alto e o virus está circulando con rapidez. Agora mesmo hai 4.058 persoas infectadas. A maior incidencia está hoxe en Moaña.

"É a máis alta que rexistramos nunca, estamos agora con 255 casos positivos. Hai moitísima xente confinada nestes momentos en Moaña e sospeitamos que se pode deber aos gromos que se deron en varias empresas de Vigo, sobre todo en algún estaleiro, que ten unha relación directa con Moaña", informa Leticia Santos, alcaldesa de Moaña.

A preocupación da rúa nótase nesta farmacia.

 "Cada vez a xente está máis preocupada e concienciada, e ante calquera tipo de reunión social pois fai un test de antíxenos", apunta Jose Javier Fernández, farmacéutico

A presión hospitalaria volve sinalar de novo os sanitarios.

"Tamén habendo pouco persoal e non tendo reforzos nestas épocas pois eu creo que son os que máis se resenten en todo isto", fala Pilar Gallo, auxiliar de enfermería.

Con todo, esta vaga non ten nada que ver coas anteriores.

"Quen queira pensar o contrario que o pense, pero nós, que o vivimos de primeira man, sabemos que a vacina fixo moitísimo", explica María Jesús González, auxiliar de enfermería. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos