Cargando resultados...
A auga da traída volve ser potable na Pobra do Brollón
A chuvia intensa aumentaran o nivel de lodo na auga e obrigaran a limitar o seu consumo

G24.gal
21/09/2023 11:23
Dez días despois, a auga da traída volve ser potable na Pobra do Brollón. Este mércores o Concello levantou as restricións ao consumo na zona de Barxa do Lor.
Dende hoxe tamén se pode volver consumir a auga da billa no resto dos lugares que estaban afectados. A chuvia intensa aumentara o nivel de lodo na auga, obrigando a limitar o seu consumo durante máis dunha semana.