Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Bonoloto deixa en Bóveda un premio de máis dun millón de euros

A Bonoloto deixa en Bóveda un premio de máis dun millón de euros

Un boleto despachado no centro da vila faise co bote acumulado 

Félix Aragunde 19/07/2023 13:40

Un boleto selado nun despacho de loterías de Bóveda fíxose co bote acumulado no sorteo da Bonoloto, cunha contía de máis de 1.038.000 euros. Foi o único acertante de primeira categoría, posto que atinou cos seis números da combinación gañadora.

É, ademais, o maior premio repartido ata o momento nos case 60 anos deste local do centro da vila.

Javier Domínguez, xerente do despacho de loterías: "O negocio hai ano e medio que está ao meu nome e leva aberto dende 1966, sempre a nome da miña nai, falecida a principios de ano. Para min é como se fora un legado, unha luz que ela nos manda en forma de herdanza".

Polo de agora, descoñécese a identidade da persoa agraciada. Entre a veciñanza sinalan que tanto se pode tratar de alguén que resida na zona como de alguén que a visite, posto que por aquí pasa a diario moita xente de fóra.

Este é o segundo premio millonario que a Bonoloto deixa en terras lucenses no que vai de ano, logo de que en marzo se repartise no concello das Nogais preto de 1.200.000 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade