Publicador de contidos

Publicador de contidos

A chuvia e as temperaturas suaves favorecen a proliferación dos cogomelos de inverno

A chuvia e as temperaturas suaves favorecen a proliferación dos cogomelos de inverno

As cantarelas e a lingua de vaca son as especies que máis se están a comercializar en fresco

Félix Aragunde 05/11/2024 20:05 Última actualización 05/11/2024 20:23

Ao contrario das últimas campañas, este outono está a ser abondoso en cogomelos. As chuvias e mais as temperaturas suaves favoreceron a proliferación dos fungos nos montes de todo o país. Tras varias campañas en que apenas houbo fungos, este outono está a ser xeneroso.

Níscaros, cantarelas ou lingua de vaca son algunhas das especies que se están a comercializar en fresco. E nesta empresa vilalbesa tamén envasaron boletos para que o produto estea dispoñible durante todo o ano.

Luz Divina Castelo, de Champivil: "En comparación co ano pasado, cunha seca que non se lembraba, este ano tivemos máis boletos. E agora estamos coa exportación en fresco de cogomelos de inverno, con lingua de vaca e mais cantarelas cibarius e tubiforme".

Estas especies comerciais de cogomelos teñen un gran valor gastronómico. Ben o saben no restaurante Os Cachivaches, en Lugo, onde preparan pratos de temporada con arroz e fungos.

Alejandro Méndez, cociñeiro: "Moito mellor traballalos en temporada. Na arrocería Os Cachivaches facemos arroces, pratos individuais como boletos a baixa temperatura e algún segundo prato como salteados de cogomelos con ovo e crema de pataca trufada".

No caso de cogomelos invernais coma a lingua de vaca, a maior parte da produción expórtase en fresco a Francia, Bélxica ou Italia.

Os arroces cos cogomelos de temporada fan as delicias dos comensais Os arroces cos cogomelos de temporada fan as delicias dos comensais
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade