A CRTVG retransmite a visita de Melchor, Gaspar e Baltasar ás catro provincias
A canle pública ofrece un programa especial a partir das 17:30 horas
A Radio Galega conectará cos desfiles e recollerá a emoción da cativada

A Televisión de Galicia dará total cobertura á tarde máis agardada do ano pola cativada: a chegada dos Reis Magos de Oriente.
A canle pública ofrece un especial coas celebracións e festas de acollida a Melchor, Gaspar e Baltasar no seu periplo por Galicia.
Lucía Rodríguez conducirá o espazo a partir das 17:30 horas dende o Ifevi de Vigo, ata onde de traslada a recepción por motivos meteorolóxicos.
Para non perder detalle, a transmisión abranguerá amais os desfiles noutras cidades das catro provincias.
Na cidade herculina, o autobús de xabarin.gal percorrerá as rúas da cidade cos Bolechas, as personaxes máis queridas polo público infantil.
A Radio Galega tamén conectará coas cabalgatas nun programa especial desde as 18:00 horas.