Publicador de contidos

Publicador de contidos

A vaga de covid na China empuxa a vacinarse a moitos galegos menores de 60 anos

A vaga de covid na China empuxa a vacinarse a moitos galegos menores de 60 anos

Os puntos de vacinación do Sergas multiplicaron a afluencia nos últimos días

G24.gal 05/01/2023 14:30

En plenas festas de Nadal estase a multiplicar a afluencia de cidadáns aos puntos de vacinación contra a covid. Os asistentes incrementáronse moito nos últimos días á vista da situación que están atravesando na China por mor do virus.

Os expertos en vacinas explican os porqués da onda epidémica na China e din que aquí non hai motivos para a alarma. 

"No só porque as nosas vacinas funcionan moi ben, senón porque temos medicamentos antivirais, monoclonais.... E temos experiencia en como protexernos. A nivel individual debemos ter o noso calendario vacinal ao día, e non só da covid, senón doutras infeccións que se aproveitan do feito da covid para atacarnos", explica o asesor de vacinas da OMS, Federico Martinón.

Os que teñen máis de 60 anos e factores de risco deben ser máis precavidos. Os hospitais manteñen os puntos de vacinación abertos, con autocita, que se pode obter na app Sergas Móbil ou na web.

Tamén se pode acudir sen cita nos días habilitados para acceso libre. En Santiago, son os mércores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos