Publicador de contidos

Publicador de contidos

María Loureiro, catedrática da USC, avoga por unha transición enerxética xusta

María Loureiro, catedrática da USC, avoga por unha transición enerxética xusta

A economista ambiental avoga por unha transición ordenada, xusta e equilibrada

Prevé un auxe das comunidades enerxéticas para aproveitar os recursos alí onde están

María Loureiro, no programa Bos Días da Galega
G24.gal 15/04/2023 14:13 Última actualización 15/04/2023 17:45

A economista ambiental e membro da Real Academia das Ciencias, María Loureiro, augura un auxe das comunidades enerxéticas baseadas no autoconsumo. Esta experta, que asesora a Xunta na elaboración da lei de aproveitamento dos recursos naturais, advirte de que a transición a fontes de enerxía máis limpas debe ser ordenada, xusta e equilibrada.

María Loureiro admite que a transición enerxética está creando desaxustes, especialmente en zonas moi dependentes do carbón. Esta catedrática en economía da USC lembra o caso das Pontes, onde o peche da térmica dará paso, entre outros proxectos, á planta de hidróxeno de Reganosa.

 "A lei de transición xa ten fondos para tratar de paliar estes desaxustes e agora vemos o caso das Pontes, que se está poñendo como exemplo dun pulo moi dinámico e moi interesante no ámbito da produción e da distribución enerxética non só a nivel español, tamén internacional, e é importante reaccionar rápido".

Loureiro bota en falta esa reacción ante os problemas para a implantación do coche eléctrico. Cre que quizais se deberían buscar outros combustibles non contaminantes e tamén modificar os hábitos.

 "A OMS xa di, hai que sacar os coches das cidades e entón hai que pensar en cambios de uso, tecnolóxicos, e moita planificación, dende logo".

Loureiro prevé un aumento das comunidades enerxéticas que permiten aproveitar os recursos alí onde están, pero apunta outras opcións que se están analizando.

"O presidente da Xunta avanzaba xa a posibilidade de crear sociedades de capital risco nas que haxa unha representación pública e iso tamén pode ser moi interesante cara ao futuro, cara a repartir dun xeito máis xusto os beneficios derivados da produción enerxética".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade