A Generalitat incrementará as inspeccións para controlar as horas lectivas en catalán

O presidente da Generalitat de Cataluña anunciou que incrementarán as inspeccións nas escolas catalás para controlar que se cumpren os proxectos educativos e que se dan todas as clases en catalán previstas.
Tras reunirse con entidades sociais, culturais e asociacións co obxectivo de darlle resposta á sentenza sobre o uso do castelán na escola, Pere Aragonés explicou as medidas que tomarán para defender o modelo de "éxito" e "convivencia" de inmersión lingüística.
Ademais de incrementar as inspeccións e encargarlle á Universidade de Barcelona unha análise da situación do catalán na escola, tamén anunciou que aumentarán o número de docentes nas aulas afectadas por decisións dos tribunais e aprobará unha nova lexislación para facerlle fronte á "ofensiva xudicial, mediática e política".