Cargando resultados...
A illa da Palma rexistra 12 sismos durante a noite, un deles de magnitude 3,3
Unha das coadas recentes, a que discorre máis ao sur, arrasou medio cento de edificacións no seu camiño ao mar

G24.gal
08/12/2021 14:16
O volcán de Cumbre Vieja continúa a súa actividade eruptiva na illa da Palma. Unha das coadas recentes, a que discorre máis ao sur, arrasou medio cento de edificacións no seu camiño ao mar.
A sismicidade asociada á actividade volcánica continúa sendo baixa e desde a medianoite rexistráronse na illa unha ducia de sismos, un deles de magnitude 3,3a 11 quilómetros de profundidade.
O Instituto Xeográfico informou de que a maioría dos terremotos das últimas 24 horas localizáronse a profundidades de entre 9 e 22 quilómetros.