A infanta Helena sofre unha aparatosa caída do seu cabalo nunha competición
A irmá de Filipe VI compite na Madrid Horse Week
Non sufriu lesións na caída

A infanta Helena sufriu unha aparatosa caída do seu cabalo cando participaba na competición Madrid Horse Week, que se disputa no recinto feiral Ifema de Madrid.
A irmá de Felipe VI, grande afeccionada á hípica, volveu enfundar esta fin de semana o seu traxe de equitación para participar na competición de saltos de acabalo na que tivo o accidente, do que saíu ilesa. O accidente ocorreu cando dona Helena ía saltar a lombos do seu cabalo unha barra de tres paus, pero o animal freou en seco, o que a fixo caer do cabalo e bater coa barreira.
Malia a aparatosa caída, a infanta levantouse tranquila e axilmente do chan, sacudiu as mans e mesmo mostrou un sorriso aos presentes.