A Nasa anuncia a creación dun departamento para estudar os ovnis
Tentarán darlle sentido "ás anomalias nos ceos" que se atopan frecuentemente
_frame_131.png)
O administrador da NASA, Bill Nelson, anunciou este xoves a creación dun departamento especializado no estudo dos ovnis, que tentará atopar sentido ás "anomalías nos ceos" que se atopan frecuentemente.
"Usaremos a intelixencia artificial e a aprendizaxe automática para buscar anomalías nos ceos e continuaremos buscando habitabilidade", afirmou nunha conferencia de prensa en que se presentou un informe sobre como mellorar a identificación dos ovnis.
Nelson, quen non quixo anunciar quen estará a cargo deste departamento, negou que o Executivo estadounidense estea a ser pouco transparente cos fenómenos que se atopan e non se poden identificar e insistiu en que a NASA non achou "ningunha evidencia de que os ovnis teñan unha orixe extraterrestre".
"Hoxe hai moita preocupación de que existan documentos clasificados e de que o Goberno estadounidense non estea a ser aberto".