Cargando resultados...
A NASA presenta a tripulación que irá á Lúa
O proxecto pretende establecer colonias habitadas no satélite terrestre

G24.gal
03/04/2023 21:33
Unha muller e tres homes serán os primeiros astronautas que irán á Lúa en máis de cincuenta anos.
Son tres estadounidenses e un canadense os que integran a misión coñecida como Artemis 2.
Esta será a primeira proba tripulada da cápsula espacial Orion.
O proxecto pretende establecer colonias habitadas na Lúa como paso previo a levar seres humanos a Marte, nas próximas décadas.