Publicador de contidos

Publicador de contidos

A praia de Patos volve encherse cos Papás Noel surfeiros

A praia de Patos volve encherse cos Papás Noel surfeiros

Esta iniciativa lúdica ten tamén ten carácter solidario

G24.gal 23/12/2024 16:00

Nigrán acolleu este luns unha das citas máis clásicas do Nadal nas Rías Baixas. Centos de persoas vestidas de Papá Noel xuntáronse para surfear no areal de Patos. É unha iniciativa lúdica, pero tamén solidaria, que remata cun chocolate ben quente para todos os participantes, a pé de praia.

Todos, grandes e pequenos, chegan dispostos a festexar dun xeito diferente o Nadal. Cambian abrigo por neopreno e convértense en Papás Noel surfeiros.
Pouco importa o frío e a temperatura da auga.

Aquí nin o frío nin ningún Grinch lles vai amargar o baño. Todos cumpren co reto.

A xornada ten ademais unha cara solidaria.

Deixámolos na auga, pero a actividade remata cun chocolate ben quente a pé de praia para os máis de 200 participantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade