A técnica do esgrafiado galego xa é un Patrimonio Cultural de Galicia
A Dirección Xeral de Patrimonio cualifica o esgrafiado como a técnica de execución máis complexa de todas as que están destinadas a ornamentar os morteiros de cal
Pero ademais de ser unha técnica tradicional de albanelería para decorar, tamén cumpría a función de evitar as humidades ou protexer as vivendas do frío e a calor ou das enfermidades
Coñecen o esgrafiado galego? Seguro que o teñen visto en moitas fachadas das casas en Galicia. O esgrafiado é unha técnica tradicional de albanelería para decorar os muros de cal e evitar humidades, e, pola súa complexidade, está en perigo. Para conservalo e poñelo en valor a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta acaba de incluílo na listaxe de ben materiais protexidos. Na vila ourensá de Castro Caldelas hai bos exemplos do esgrafiado.
É a unha técnica construtiva ancestral que se xeneralizou no século XIX e principios do século XX nas paredes e fachadas das casas tradicionais galegas.