Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vacinarse é a mellor medida para combater a gripe

Vacinarse é a mellor medida para combater a gripe

Amplíase o período de vacinación da gripe ata o 31 de xaneiro porque o pico aínda está por chegar

G24.gal 20/01/2025 14:05

Estamos, segundo os expertos, ás portas do pico da gripe deste inverno. Chega máis tarde do habitual e, polo momento, a que houbo non ocasionou graves problemas. Con todo, sempre hai que estar alerta e, recorda o Sistema Público de Saúde que aínda estamos a tempo de vacinarnos.

Cristina Fernández Pérez, xefa de Servizo de Santiago e O Barbanza de Medicina Preventiva e Saúde Pública di que "ampliouse o período de vacinación ata o 31 de xaneiro polo que, aínda que hai boas coberturas sobre todo nos grupos de risco, cómpre que o que non se vacinase está no momento para facelo e protexerse". Protexerse non tanto da gripe, que efectivamente se pode coller igual, senón das complicacións asociadas. Complicacións como infarto ou accidentes cerebrovasculares que poden ser consecuencia da gripe", engade a doutora Fernández.  

Se cadra por iso, confirman as estatísticas, cada vez hai máis xente concienciada coa vacina. Para a prevención máscaras, unha dieta saudable e vacina, para combater os síntomas, antigripais que axudarán a diminuír o episodio dunha gripe que, previsiblemente, chegará ao pico nesta ou na próxima semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade