Cargando resultados...
Abre as súas portas a Feira do Libro de Lugo
Cunha ducia de postos, medio cento de autores asinarán obras ata o Día das Letras

Félix Aragunde
13/05/2024 20:42
Última actualización 13/05/2024 20:49
A escritora lucense Antía Yáñez leu esta tarde en Lugo o pregón que abriu a Feira do Libro desta cidade. Nesta edición, a cita conta cunha ducia de expositores, correspondentes a diferentes librerías e tendas de cómics.
Por eles pasarán, ata o venres vindeiro, máis de medio cento de autores, que falarán das súas obras e que asinarán exemplares que se poden adquirir cun dez por cento de desconto.