Acampada dun grupo de mozos scouts procedentes de Santiago en Samos
Os rapaces conviven durante unha semana en tendas de campaña que tiveron que montar
A iniciativa remata coa cerimonia da promesa, onde se lles outorga un pano que os identifica
Neste campamento os rapaces montaron a tenda de campaña e desde o primeiro día conviviron cativos con maiores, mediante actividades axeitadas a cada idade que teñen na cooperación e o respecto a súa razón de ser. É unha iniciativa promovida polo grupo Scout de Santiago que se desenvolve en Samos.
Santiago Iglesias é o responsable do grupo. Leva once anos neste movemento, desde que se fundou en Compostela. En Galicia hai sete agrupacións que desenvolven actividades que comezan en setembro e rematan no verán con iniciativas coma a deste campamento. Na última xornada desenvolven a cerimonia da promesa.
Un símbolo, o do pano, que os identifica igual ca as accións solidarias que desenvolven.