Cargando resultados...
Achégase o Día de Rosalía, cunha completa programación
O 23 de febreiro fanse 187 anos do nacemento de Rosalía de Castro
Na Casa da Matanza presentáronse as actividades deste ano
Durante este mes agasallarán cunha escolma da súa obra a quen merque libros en galego

G24.gal
05/02/2024 13:02
Este mes celébrase unha das grandes efemérides das letras galegas, o Día de Rosalía. Na Casa da Matanza, en Padrón, presentouse o amplo e heteroxéneo programa de actividades.
A novidade deste ano é a edición dunha pequena escolma da obra de Rosalía, que se agasallará a quen merque un libro en galego, ata o 3 de marzo.
Sen esquecer o caldo de gloria, a alborada e máis eventos que terán o seu día grande o 23 de febreiro, no 187 aniversario da escritora.