Cargando resultados...
Iluminación de Nadal de película nunha casa de Guitiriz
No decorado non faltan bonecos dos personaxes típicos ou a neve
O recinto pode visitarse de balde e atrae cada vez máis curiosos
Luces, bonecos e neve protagonizan a espectacular decoración desta casa de Guitiriz
G24.gal
02/12/2021 20:42
A paixón infantil polo Nadal levou a María José a converter a súa casa nun auténtico decorado. Bonecos de neve, Santa Klaus xigantes e todo tipo de adornos propios destas datas presiden esta vivenda dos Vilares, en Guitiriz. Dá moito traballo, pero di que paga a pena.
O recinto, que pode visitarse de balde, conta este ano con algunhas novidades. O premio ao seu esforzo é ver a satisfacción da xente. No lado xa non tan positivo está a factura que lle pode vir este ano coa luz tan cara.
María José ri cando comparan as súas luces coas de Vigo, pero o certo é que cada ano recibe máis visitantes.