Alxeciras lembra o sancristán asasinado hai un mes nun ataque xihadista
A cidadanía arroupou a familia de Diego Valencia nunha concentración celebrada ás portas da igrexa

A localidade gaditana de Alxeciras lembrou este sábado a Diego Valencia, o sancristán asasinado hai un mes nos atentados xihadistas perpetrados en dúas igrexas da cidade.
O alcalde, José Ignacio Landaluce, convocou este mediodía unha concentración ás portas da igrexa parroquial onde se produciu o crime en solidariedade coa familia de Diego Valencia e en contra do terrorismo.
"Estamos coa familia de Diego; tratamos de acompañalos na dor e minimizar as incomodidades que poidan ter no día a día".

A familia do sancristán asasinado agradeceu á veciñanza de Alxeciras o seu apoio. Sinalábao o seu irmán durante a concentración.
"Estamos desbordados de cariño"
Diego Valencia foi asasinado o 25 de xaneiro nun ataque no que resultaron feridas varias persoas. O presunto autor do atentado xihadista, Yassine Kanjaa, permanece en prisión provisional sen fianza.