Cargando resultados...
Ana Torroja herda a distinción que Franco lle dera ao seu avó e convértese en marquesa de Torroja
A Asociación pola Recuperación pola Memoria Histórica, moi crítica coa renovación deste título

G24.gal
08/02/2022 21:27
É oficial: Ana Torroja xa é marquesa.
A cantante solicitara o título o decembro pasado, e este martes o BOE publicou a concesión do marquesado "previo pago do imposto correspondente". Desta maneira, a artista herda a distinción aristocrática que Franco lle concedera ao seu avó, o enxeñeiro Eduardo Torroja.
A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica foi moi crítica coa renovación deste título, que converte a Ana Torroja na marquesa de Torroja.