Cargando resultados...
Arranca a edición número 60 da Feira do Viño do Ribeiro de Ribadavia
Centos de persoas participarán na festa ata o domingo
G24.gal
28/04/2023 21:13
Última actualización 28/04/2023 21:27
Este venres bota a andar en Ribadavia a edición número 60 da Feira do Viño do Ribeiro, 3 días de festa cun programa variado de actividades arredor do viño.
Participan 35 adegas. A organización calcula que pasarán pola festa centos de persoas de aquí ao domingo, para poder probar os mellores caldos da Denominación de Orixe Ribeiro.
O pregón correu a cargo de José Antonio Bande, un dos cinco fundadores da feira fai xa 60 anos.