Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arranca o videoxogo dos 20.000 euros de premio ambientado en Allariz

Arranca o videoxogo dos 20.000 euros de premio ambientado en Allariz

A aventura gráfica Tristán Téllez reta a resolveren unha serie de enigmas relacionados coa cultura e a historia da vila

G24.gal 14/12/2024 20:46 Última actualización 14/12/2024 20:58

"A aventura de Tristán Téllez comeza aquí, no convento das Clarisas, un dos conventos máis grandes de Europa", indica Javier Cid, creador do videoxogo.

Da man do seu creador, percorremos algúns dos espazos onde se desenvolve a aventura gráfica Tristán Téllez, inspirada nunha novela homónima.

"O reto consiste en resolver catro enigmas. O primeiro que os resolva e chegue ao final, será o que gañe o reto", explica Javier Cid.

O premio está a ser moi comentado nas redes sociais porque ascende a nada menos ca 20.000 euros, que van requirir dunha posterior verificación, para evitar fraudes.

"Temos unha serie de medidas de comprobación. A última, será unha entrevista persoal co gañador do evento", aclara Javier.

O xogo é tamén un instrumento de promoción turística. Permítenos percorrer a vila, no espazo e no tempo. Para chegar ao final, os concursantes van ter que buscar dentro e fóra do xogo.

"Ti vas ver cousas, pistas, pero vas ter que saír fóra do xogo, buscar información, para ver que significan as pistas", di Javier.

Todo un reto, tamén contra o tempo, porque hai que acabar de primeiro para conseguir o premio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade