Publicador de contidos

Publicador de contidos

As altas temperaturas estragan a colleita de castaña

As altas temperaturas estragan a colleita de castaña

Xunto coa humidade, provocaron a aparición de fungos que están a facer que os castiñeiros perdan a folla e os ourizos antes de tempo

Castiñeiro na zona de Riós afectado polos fungos
G24.gal 11/10/2023 14:11

Hai tan só un par de semanas, as previsións falaban unha boa colleita de castaña. Tras varios anos de producións escasas pola vespiña e seca, as árbores viñan cargadas de ourizos pero a situación mudou. As altas temperaturas, atípicas para esta época do ano, xunto coa humidade de finais de setembro provocaron a aparición de varios fungos. Os castiñeiros comezaron a perder a folla antes de tempo e os ourizos están a caer coas castañas aínda sen criar.

Os produtores alertan de que o cambio climático está a prexudicar un complemento importante para a economía de moitas familias das zonas de montañas de Lugo e de Ourense. Piden axuda por parte da Administración para poder manter esta actividade. Galicia adoitaba recoller uns 20 millóns de quilos ao ano. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade