Publicador de contidos

Publicador de contidos

As luces de Vigo continuarán acesas ata o vindeiro domingo, 12 de xaneiro

As luces de Vigo continuarán acesas ata o vindeiro domingo, 12 de xaneiro

Abel Caballero sobre a prórroga: "Eu xa o tiña pensado, pero como aínda por riba mo pide o sector"

Iluminación de Nadal da praza do Sol de Vigo Iluminación de Nadal da praza do Sol de Vigo
G24.gal 07/01/2025 16:05

As luces de Vigo, que foron acendidas o pasado 16 de novembro nun acto multitudinario, continuarán acesas ata o vindeiro domingo, día 12, polo que o Nadal da cidade galega terá o seu peche tras practicamente dous meses.

"Acabamos de recibir unha petición do sector hostaleiro: hoteis, cafeterías, restaurantes... para que prorroguemos esta semana as luces de Nadal. Eu xa o tiña pensado pero como aínda por riba mo pide o sector...", xustificou a súa decisión o alcalde Abel Caballero.

O rexedor sinalou que en breve fará público un balance xeral do que foi o Nadal na cidade, pero xa asegurou, en base a algúns datos, que considera que foi un éxito sen paliativos.

Demóstrano, veu dicir, as máis de 36.000 persoas que acudiron ao IFEVI para seguir a cabalgata estática baixo teito por mor da choiva, ou as 118.872 persoas que pasaron pola Casa das Artes para ver o Belén.

"Fortalecémonos como lideres do Nadal en toda Europa", sentenciou o alcalde, segundo o cal o Nadal de Vigo "gusta a todo o mundo menos a Rueda e a Feijóo", en referencia ao actual presidente da Xunta e ao anterior, respectivamente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade