Cargando resultados...
As mafias do leste copan o mercado europeo do narcotráfico
Os dous alixos incautados en Galicia no que vai de ano levan o selo da mafia albanesa
G24.gal
25/01/2025 15:30
No que vai de ano xa se incautaron en Galicia máis de dúas toneladas de cocaína. As últimas operacións revelan o poder das mafias albanesas no negocio do narcotráfico, en clara competencia cos narcos galegos.
A Asociación Galega contra o narcotráfico advirte que é un problema de seguridade nacional, e pide que como tal se poñan máis medio para combater o narcotráfico en España.