Cargando resultados...
As mimosas, unha planta invasora difícil de erradicar
En Beade conseguiron reducir nun 30 % a presenza
G24.gal
27/02/2024 16:28
As mimosas xa están en flor. Non hai máis que mirar nos montes e mesmo nos arredores de vilas e cidades. Esta planta orixinaria de Australia despraza cada vez máis territorio de flora autóctona. Erradicala non é doado.
Nos anos 60 plantouse no Ribeiro para usala como estacas nos viñedos e espallouse por toda Galicia desprazando a flora autóctona. Unha vez que colonizan unha zona é difícil que as outras especies, as desprazadas, poidan volver á súa orixe.
Proxectos como o de Ridimoas en Beade, onde as mimosas ocupaban máis da metade do bosque, conseguiron erradicar un 30 por cento desta especie invasora.