As obras da Intermodal interrompen o servizo de trens na Coruña de luns a sábado
Renfe prestará o servizo por estrada con máis de 500 autobuses e un centenar de taxis
A próxima semana os autobuses e os taxis habilitados por ADIF serán a alternativa de transporte para os usuarios da estación de RENFE da Coruña, pechada ao tránsito ferroviario entre a noite do luns e a mañá do sábado debido ás obras da Intermodal.
Renfe prestará o servizo por estrada, como xa fixo noutras ocasións, cun centenar de taxis e con máis de 500 autobuses con saída e chegada na propia estación de ferrocarril, mantendo os horarios dos trens.
Ademais, está previsto que o día 14 comece a funcionar a nova estación provisional que xestionará o movemento de viaxeiros e permitirá manter o servizo mentres avanzan os traballos da futura Intermodal da Coruña.
Está situada na Avenida do Ferrocarril, a apenas trescentos metros da primixenia estación de San Cristovo. ADIF leva días informando do cambio de localización con folletos, carteis e un punto específico de atención aos usuarios ao carón das plataformas.
