Así se reproducen as sepias nas Cíes, un agasallo da biodiversidade do Parque Nacional
Un espectáculo para gozar del e tamén para reflexionar sobre a importancia de seguir protexendo os nosos espazos naturais
A extraordinaria biodiversidade das augas do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia permítenos ser testemuñas de imaxes coma estas: as do ciclo de reprodución das sepias.
Un espectáculo para gozar del e tamén para reflexionar sobre a importancia de seguir protexendo a nosa biodiversidade.
As Cíes son xa hoxe un dos grandes reclamos turísticos da nosa comunidade autónoma. E preservar a súa riqueza natural fará que sigan sendo un dos nosos focos de atracción de viaxeiros.
A sepia das Cíes
As sepias empezan a reproducirse a finais de outono, no último cuarto do seu ciclo vital de aproximadamente un ano.
Forman parellas estables. Os machos protexen as femias e vixían que outros machos solitarios non lle arrebaten a súa parella.
Aparéanse periodicamente.
Tras cada cópula a femia pon uns 500 ovos, un cada 3,5 minutos.
Unha femia pode chegar a poñer ata 3.000 ovos durante o período reprodutor, que dura uns tres meses
Tras ese período as sepias entran na fase vital de senescencia e morren.
A principios do inverno os machos solitarios vólvense moi agresivos para buscar unha parella, e enfróntanse aos machos que xa teñen parella para quitarlles á súa femia.
Cando conquistan unha femia aparéanse inmediatamente con ela.
Primeiro extraen o esperma do macho anterior e logo fecúndana co esperma propio.
Así garanten a súa propia descendencia.
Protexer a natureza ten recompensa. O texto e as imaxes que lles ofrecemos son cortesía de José Irrisarri Castro. Na súa canle de Youtube poden verse outros vídeos coma este.