Cargando resultados...
Aumentan as peticións de axuda para superar adiccións
Na UTACA da Coruña abriron este ano 700 historias clínicas novas

G24.gal
16/12/2021 20:03
Aumentan as peticións de axuda para superar problemas de alcol, xogo ou tabaquismo.
A Unidade de Tratamento do Alcol e Condutas Aditivas da Coruña abriu, este ano, 700 historias clínicas novas. Un 80 por cento desas consultas son por problemas de alcolismo.
Esta unidade presta atención integral a persoas con dependencia do tabaco, dos psicofármacos ou do xogo, tanto dos videoxogos como dos xogos de azar.