Aviso laranxa na costa por ondas
Ondas de oito metros mar adentro
Os refachos de vento poden superar os 70 quilómetros por hora
En Riazor os habituais non perdoaron o baño, aínda que hoxe o mar está mellor para miralo de lonxe. A Axencia Estatal de Meteoroloxía ten en aviso laranxa todo o litoral galego por fenómenos costeiros.
As ondas andan entre os cinco e os sete metros ao logo de toda a costa, pero nas augas da Coruña e de Lugo, a partir de Cabo Prior, poden chegar aos oito metros mar a dentro.
É a zona en que tamén está incidindo máis o vento. Sopra cunha velocidade de 50 a 61 quilómetros por hora en xeral e mar a dentro, na costa lucense, prevese que chegue ocasionalmente aos 74 quilómetros por hora.
A AEMET prevé retirar todos os avisos nesta comunidade o domingo ao mediodía.