Cargando resultados...
As Baleares esixirán o pasaporte covid aos traballadores sanitarios
Terán que presentar o certificado ou tres probas diagnósticas semanais
O Tribunal Superior balear tamén o autoriza para entrar en bares e cafeterías

G24.gal
16/12/2021 17:54
O Tribunal Superior de Xustiza das Baleares autoriza ao Govern a esixirlles o pasaporte covid ou tres probas diagnósticas semanais aos traballadores de hospitais, centros de atención primaria, clínicas dentais e de interrupción do embarazo.
No mesmo senso tamén avaliou a obriga de presentar este documento para acceder a bares e cafeterías cunha capacidade superior a 50 prazas, como xa rexía nas discotecas e restaurantes de todas as illas.